Este é un blog de prácticas de formación, poderás atopar diferentes materiais e recursos, bucea!!!
"Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo". Benjamin Franklin

domingo, 26 de xaneiro de 2014

ASÍ COMEZA A HISTORIA DESTE BLOG...


Por qué escollín esta plataforma?-  A razón fundamental é a comodidade que me ofrece blogger o ter  outros Edublogs abertos, un de Orientación Educativa: Orientacion educativa y Tutoria , outro sobre actividades da aula: Recantos da Aula, e estou traballando  nun terceiro enfocado ao traballo de logopedia: Aula.Expeciencias Docentes.
Ademáis da visibilidade, a organización de contidos, a posibilidade de interactuar coa Comunidade Educativa, permíteme estar ao día e poder desfrutar de "contidos"  que doutro xeito non tería acceso.

Preferín aproveitar este blog que abrín para un MOOC, adicado a facer as prácticas de formación, coa  idea de ir creando a miña identidade dixital e ir actualizando e mellorando o  meu PLE.
Emprego a denominación de "edublog", se queredes saber algo máis sobre os Edublogs,
                                                       preme na imaxe: 





Dentro deste mundo de cultura líquida, este é o resumo dos intereses que me levan o uso das tecnoloxías . Para presentarvos esta imaxe, fixen unha nube de palabras interactiva, gústavos?, significa que se pasas o rato por riba, móvense as palabras. Empreguei esta ferramenta, que da moitas posibilidades estéticas: Tagul



Para finalizar o artigo da tarefa, deixo unha conferencia de Dolor Reigs, unha das persoas de referencia no mundo das Tics. Para o noso traballo como docentes o desenvolvemento das TAC é fundamental, as Tics son unha ferramenta que me leva ao desenvolvemento das TAC, (a conferencia é un pouco longa pero paga a pena escoitala).


 Anímovos a deixar comentarios!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario