Este é un blog de prácticas de formación, poderás atopar diferentes materiais e recursos, bucea!!!
"Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo". Benjamin Franklin

luns, 27 de abril de 2015

Concluíndo, rematando,.... un proceso de formación!!!

Rematamos o curso pero non o período de formación...
Entusiasmada pola cantidade de materiais, recursos, apps,e o bo clima xenerado no curso!!!. Sorprendida positivamente co perfil do profesorado, ao que "felicito" (díxenllo ao coordinador nas Xornadas EscolaTic) polo bo clíma, a calidez e proximidade no trato.
Gustoume moitísimo a proposta de avaliación por pares, moi enriquecedora, complexa, pero realmente interesante.
No meu quefacer diario emprego moitas destas ferramentas e apps (dropbox, scoop.it, twitter, facebook, evernote, pinterest, symbaloo, feedly- máis que diigo, blogger, moodle, drupal, slideshare, scribd, entorno google, ...), as que cheguei por casualidade, a través dos MOOC do INTEF, e agora  a través de Platega.  Gústame fedellar, probar e experimentar, así que penso incluilas no meu PLE..
Botei de menos contidos importantes como o uso de licenzas, ter acceso a bancos de recursos con licencias menos restrictivas ou libres como Aiovai, Agrega, ou Procomún (iso quedará para unha segunda fase, verdade?)
Espero que o curso escolar que ven no me veña a suceder o mesmo que este...en clave de humor, resumo o proceso con esta infografía de Manuel Guzmán.


Así que ...ata a próxima convocatoria "Creación de ambientes persoais II"
Unha forte aperta a Carlos López e a José Vicente.

venres, 10 de abril de 2015

Curadores de contidos ante a infoxicación?

O avance da tecnoloxía e o xurdimento de novas aplicacións e ferramentas levanos a adquirir dun xeito natural o dominio dun novo léxico "curador/curaduría", "infoxicación" ....que ata o de agora  estaba vinculada aos contidos. Hai uns meses lía, non lembro exactamente onde, que eBay xa está traballando niso "especializándose en coleccións". 
Poderá chegar esta ampliación léxica  a outros contextos como pasou no caso do termo "selfie"???, imaxino que estará na man de todas/os ....

Imos o caso, dende hai tempo emprego Scoop.it, unha ferramenta online práctica para realizar e compartir diferentes informacións co aspecto dun xornal dixital, atraíame a idea de poder vencellalo ao meu blog de Orientación, era un xeito de poder chegar a outra xente, e compilar artigos de interese que podías comentar nun instante sen investir demasiado tempo. Ademáis gustoume moitísimo a estética, e a posibilidade de poder enlazala ao blog, dáballe un aspecto máis traballado e se cabe máis profesional (son autodidácta, así que calquera artefacto que puidese coidar este aspecto parecíame increíble)...
                          Preséntovos o meu Scoop.it, preme na imaxe para abrilo:



Como podedes ver quizáis das definicións que se aportan no curso sobre a "curaduría" de contidos no meu caso é ista: “Un Content Curator, é un intermediario crítico do coñecemento que busca, agrupa, e comparte de forma continua o máis relevante no seu ámbito de especialización”. Dolors Reig (2010)

Na busca dunha infografía que nutra de información o visto no curso,  escollín esta de Pedro Ladín ( @pelandintecno ), por tres motivos: -o atractivo do contido, -a estética, - e o uso que lle podo dar na aula.

Para poder vela completa no meu Pinterest